Nova edición de navegación a motor da Federación Galega de Deportes de Persoas con Discapacidade Física (FGDDF) pola Ría de Vigo con novos patróns con discapacidade física o día 12 de xuño de 2014.
Saída de Porto Miau (dársena Bouzas) a Illas Cíes, pasando despois por Barra, Nerga, parada no Club Náutico Rodeira de Cangas e volta.
12 participantes, 3 monitores e 4 embarcacións.

Curso


Previamente nos días 22, 23 e 24 de maio no centro da Asociación Vontade fixéronse as clases teóricas e no pantalán da Fortaleza do Goián as prácticas do curso para obter o título de goberno de embarcación de lecer a motor coa axuda da Federación Galega de Motonáutica.

Embarcacións





"SYR", unha Ran Sea Zenit 505 con motor Yamaha 50FTL.
"LUA", unha Pleamar 525 con motor Yamaha 40FTL.
"PLATANITO", un Multi Pioner con motor Yamaha 40Fisher. "FONTE UN", unha Planeadora 550 con motor Yamaha 80FTL, como embarcación de apoio.

O Recordo


O presidente da FGDDF (con viseira) entrega o recordo do encontro, unha hélice escacharrada nunha das prácticas, ao presidente do Club Sen Amarras, Francisco Javier Aballe López, que tres días despois deixounos navegando ao máis lonxe. A Deus.